celebración

A Insua dos Poetas ensalza cos seus premios o labor a prol da cultura

Durante o acto farase entrega dos galardóns otorgados polo Padroado da Fundación Insua dos Poetas

A XI Festa da Palabra celébrase este sábado, na Insua dos Poetas, a partir das 12,00 horas. Durante o acto farase entrega dos galardóns otorgados polo Padroado da Fundación Insua dos Poetas. Así, na categoría de Creación Literaria o premio foi para María Solar, xornalista e escritora, polo seu traballo no mundo da comunicación,sobre todo, no programa cultural Zig Zag diario da TVG e na Revista Fin de Semana. Nas Artes Plásticas, recaeu na profesora María Victoria Carballo-Calero, numeraria da Real Academia de Belas Artes de Galicia, polo seu incesante traballo desde Ourense a prol da pintura, escultura, arquitectura e arte urbana.

Na categoría de Lingua e Cultura Galega na diáspora, o premiado foi o Centro Galicia de Bos Aires, institución que agrupou o 25 de xullo de 1979 aos catro centros provinciais. En Acción Social recibe o premio a Asociación de Veciños de Madarnás, no Carballiño. O xurado quere premiar a esta entidade pola súa constante colaboración.

O premio de Iniciativa Empresarial é para o empresario de Dacón, Manuel Bernárdez Otero, polo seu mecenazgo desde o grupo empresarial Cer & Ber. Na Imaxe e Audiovisual, para a Asociación Fotográfica O Potiños, salientando a colaboración de diversos membros desta entidade que fotografan a Insua dos Poetas, nas diversas estacións do ano. Dos Medios de Comunicación, é Cadena SER do Carballiño, polo labor informativo en lingua galega.

Te puede interesar