A Insua dos Poetas ofrece unha noite de poesía e música en Carballiño

Proxeccións e presentacións, na axenda da xornada

A Fundación Insua dos Poetas organiza unha noite de poesía e música, coa presentación do último libro do poeta José Lameiras e a proxección de catro audiovisuais. Trátase dun videopoema do propio Lameiras;  ás curtas feitas polos alumnos do IES Chamoso Lamas, "Sons no camiño" e "O andar da pedra" e a mediometraxe "A última viaxe do afiador", de Aitor Rei. Será o próximo día 9 de setembro, ás 21,00 horas, con entrada gratuíta.

José Lameiras é deseñador gráfico, músico e poeta e presentará neste acto o seu primeiro libro "Entrega e demolición". "Sons no camiño" foi a primeira curta realizada polos alumnos do IES Chamoso Lamas no ano 2016, coordinados polo cineasta Ángel Santos e un grupo de profesores do centro. A película foi premiada en diferentes certames e exhibida en varios países. "O andar da pedra" é a última producción do equipo de audiovisuais.

"A última viaxe do afiador"  de Aitor Rei, director e actor  ourensán, é un filme que narra a vida dos afiadores.

Te puede interesar