CULTURA

A Insua dos Poetas rinde homenaxe aos creadores

<p></p>
photo_camera A Festa da Palabra, durante unha das anteriores celebracións.

O xurado otorga sete premios para celebrar a IX Festa da Palabra

O xurado dos Premios Insua dos Poetas 2017 decidiu onte por unanimidade os galardóns que se entregarán o próximo 15 de este mes de xullo, no paraxe da Esgueva (Madarnás - Carballiño), durante a celebración da IX Festa da Palabra. Así, na modalidade de Creación Literaria, o elexido é Miguel Anxo Fernán Vello, polo seu labor literario de altísima calidade, con máis de 20 poemarios publicados; pola súa dramaturxia; os seus libros de conversas con Carballo Calero e, polo seu impulso na edición de poesía coa creación da Editorial Espiral Maior.

Na categoría Medio Ambiente recoñécese o labor da Plataforma Ríos Limpos, que integra a numerosas asociacións ourensás na defensa e preservación da natureza.

Carlos Guitián, médico urólogo, que destacou ao longo da súa vida pola defensa do idioma e cultura galegas, recibirá o Premio Defensa da Lingua Galega.

O Premio Artes Plásticas é para Antón Pulido, que é un dos pintores e grabadores que acada, pola consolidación da súa obra, a categoría de clásico das artes plásticas. Tamén foi o primeiro director do Centro Galego de Arte Contemporánea e dirixiu a Colección de Artistas Galegos.

O xurado dos Premios Insua dos Poetas elixiuo ao Diario Cultural Radio Galega na categoría Medios de Comunicación, porque conxuga información e análise nun formato de revista cultural que conta con especialistas e colaboradores en teatro, música, cine e arte contemporánea.

Na categoría de Emigración concédeselle ao Centro Partido do Carballiño en Buenos Aires, piques de cumplir seu centenario que será en setembro de 2018.

Finalmente, en Iniciativa Cultural Destacada é premiado Tiruleque Grupo de Teatro, que desde 1985 ven desenvolvendo distintas actividades, coa participación activa na cultura do Carballiño.

Estes galardóns, consistentes nunha peza orixinal do escultor Manuel Buciños, autor asimismo do grupo escultórico “Vento ferido”, dedicado a Carlos Casares, serán entregados no transcurso da Festa da Palabra, ás 11.30 horas. 

Te puede interesar