O CARBALLIÑO

O Irixo contrata dúas brigadas para a extinción de incendios

O contrato laboral será de tipo temporal por servizo determinado a tempo completo e cunha duración máxima de seis meses

O alcalde do Irixo, Manuel Penedo, vén de aprobar as bases específicas para a selección e posterior contratación dun total de 10 traballadores para a formación de dúas brigadas de prevención e defensa contra incendios, ao abeiro do convenio de colaboración subscrito entre a Consellería do Medio Rural e o Concello para a dotación deste tipo de servizos. Concretamente, o obxectivo é a creación de dúas brigadas para a prevención e defensa contra incendios forestais, que estarán integradas por dous xefes de brigada, dous condutores e seis peóns. 

Según contempla o Concello do Irixo nas bases da convocatoria, o contrato laboral será de tipo temporal por servizo determinado a tempo completo e cunha duración máxima de seis meses, e anúnciase que a selección dos aspirantes faráse mediante o sistema de concurso-oposición.

Te puede interesar