O Irixo guiarase por un plan estratéxico de futuro

2019112808310679569
photo_camera Os concelleiros Juan Pousada, Rosa Dalama e Iago Fariñas.
O pleno aprobou por unanimidade a proposta do grupo socialista

O pleno do Irixo aprobou por unanimidade desenrolar un plan estratéxico municipal para garantir o futuro deste concello, segundo recolle a moción dos socialistas que recibiu o visto bo da corporación. Desta maneira, o plan partirá da realización dunha análise e diagnóstico da situación para proceder despois á creación de grupos de traballo técnicos, políticos e cidadáns, onde estean representados os colectivos sociais, culturais, empresariais e asociativos para o debate e deseño dun borrador do plan estratéxico. Ademais, unha vez elaborado o borrador será exposto á consulta de toda a veciñanza previa a súa aprobación no pleno.

Segundo afirma o portavoz socialista, Iago Fariñas, este plan "permitiranos garantir o futuro do Irixo, analizar as nosas debilidades e poñer en valor as nosas fortalezas para, mediante outra forma de gobernar, que a veciñanza se convenza de que podemos saír desta parálise, traballar polo cambio necesario e acadar o Irixo que queremos".

Entre os aspectos negativos apunta o PSdeG a baixada de poboación, "nun concello que chegou a ter preto de 7 mil habitantes na década dos anos 80 e na actualidade apenas 1.400 dos que a gran maioría residen fóra do municipio por falta de servizos e oportunidades". Engade que máis da metade da poboación ten máis de 65 anos, e o quinquenio de máis poboación e dos 80 aos 85 anos. "A esto súmase a falta de emprego e de servizos que obrigan á veciñanza a desprazarse a outros lugares para satisfacer as súas necesidades", matiza. Pola contra, destaca a riqueza arqueolóxica, paisaxística e natural; unha ubicación privilexiada a 10 minutos das vilas do Carballiño e Lalín, 25 minutos de Ourense; ademais do cooperativismo, a agricultura, gandería e industria forestal, entroutras potencialidades.

Te puede interesar