O lavado dos contedores faise cun camión cedido por Lalín

O camión, en funcionamento. (Foto: LR)
A empresa Geseco, que xestiona o servizo de recollida de lixo no municipio de Lalín, cedeu á Concellería de Medio Ambiente do Carballiño un camión dotado cun sistema para o lavado dos contedores de residuos. O responsable deste departamento municipal, Bernardo García, subliñou que 'este camión terémolo en réxime de préstamo durante dous días para comprobar o seu réxime de funcionamento, que acada unha capacidade para lavar 200 contedores diarios'.
Según o edil, a empresa tamén cederá en vindeiros días unha máquina para a limpeza das rúas e prazas con auga a presión, 'que é outra das necesidades que o Concello ten que afrontar con urxencia para optimizar o servizo de limpeza no municipio'.

García considera que 'o parque automobilístico xa ten moitos anos de antigüidade, e por iso haberá que recurrir á convocatoria dun concurso para privatizar o servizo'. Esta sería unha das alternativas posibles, 'xa que tamén se podería mancomunar o servizo ou asinar un convenio coa Deputación provincial', conclúe.

Te puede interesar