O CARBALLIÑO

Os limos mariños como tratamento hidrotermal

O Carballiño acolleu o inicio do curso da Universidade de Vigo

O tradicional Curso de Termalismo da Universidade de Vigo, no que participan máis de medio cento de estudantes, foi inaugurado no Carballiño, cun acto de presentación que se desenvolveu na Casa do Concello, coa presenza do alcalde en funcións, Manuel Dacal. Os profesores José Luis Legido, Lourdes Mourelle e Avelino Muleiro explicaron ós alumnos os contidos temáticos destas xornadas, que se prolongarán ata o vindeiro venres e que se centran no uso dos limos mariños como tratamento para a pel. O programa de conferencias e mesas redondas tamén terá a súa vertente práctica nos centros balnearios de Mondariz, Laias e Talaso Atlántico.

Ademais da utilización terapéutica dos limos, os cursillistas terán a oportunidade de coñecer o tipo de algas que os integran e as características dos fangos.

Te puede interesar