política

A limpeza no Carballiño é precaria, según o BNG

Prazas sen varrer, papeliras a rebosar ou contedores rotos son algunhas das cuestións que critican dende a formación 

O BNG do Carballiño denuncia a situación na que se atopa a recollida do lixo, limpeza e salubridade da vila, xa que, según a voceira desta formación, Sofía García, "é habitual ver rúas e prazas sen varrer e baldear dende fai moito tempo, papeleiras a rebosar, contedores rotos, sen tapa e desbordados por todo tipo de lixo, dando unha imaxe moi lamentable".

Ao mesmo tempo, a concelleira nacionalista suliña que "tamén se impide a reciclaxe xa que a veciñanza que se atopa cos contedores de plástico, vidro e papel cheos, acaba depositando residuos susceptibles de reciclaxe nos contedores verdes ou no chan".

Sofía García considera que "esta situación non fai máis que evidenciar a falta de previsión e organización do equipo de goberno, tendo en conta que na época estival o Carballiño duplica a súa poboación e aumenta a actividade comercial e hosteleira", polo que presentará unha moción sobre esta cuestión.

Te puede interesar