A lingua, máis preto para os rapaces carballiñeses

<p></p>
photo_camera Acto de enrega do primeiro set do Programa Apego.

Os requisitos para formar parte son ter un neno de entre cero e seis anos e estar empadroados no propio concello

O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Carballiño acaba de pór en marcha o Programa Apego "pola vida e pola lingua". Esta iniciativa pretende fomentar o uso do galego no ámbito familiar e está deseñado para todos aqueles nenos de entre 0 e 6 anos. Os requisitos esixidos para poder formar parte son estar empadroado no propio municipio e ter un cativo de máximo seis anos de idade.

O municipio carballiñés dispón de 80 caixas que serán distribuídas entre as familias que o soliciten no departamento indicado das dependencias locais. A imaxe do proxecto é o pulpo "Po", tamén moi representativo do Carballiño. Os paquetes inclúen varios discos de nanas de cuna en galego, un boneco e diversos materiais coma un álbúm de fotografías. Tamén permite o acceso ás actividades culturais promovidas pola organización.

 

 

A este proxecto están adheridos 30 concellos galegos e, na provincia de Ourense, só forman parte a capital e Carballiño.

 

Te puede interesar