GASTRONOMÍA

Madrid elabora hoxe a súa tapa máis grande de pulpo

<p></p>
photo_camera O prato que se utilizará esta tarde para facer a Tapa de Pulpo máis grande de Madrid.

O Concello cédelle un prato de 2,20 metros de diámetro ao Salón Gourmet Platea da capital 

A LV Festa do Pulpo do Carballiño será presentada hoxe no salón gastronómico “Pulpo Pasión Madrid”, no espazo gastronómico gourmet Platea Madrid. Na xornada inaugural está prevista a elaboración da tapa de pulpo máis grande de Madrid. O prato no que se preparará foi cedido polo Concello do Carballiño como promoción da Festa do Pulpo, atendendo a unha invitación da organización deste evento, que se desenvolverá ate o 15 de maio, e no que participan coarenta restaurantes da capital de España.

O prato ten 2,20 metros de diámetro e cubrirase con 110 kilos de pulpo. Dase a circunstancia de que este prato, que está serigrafiado cos lemas e convocatoria da Festa do Pulpo, foi o primeiro que se utilizou no Carballiño para elaborar a tapa de pulpo máis grande do Mundo. Na semana previa ao evento gastronómico do pasado ano, o prato no que se eleborou esta tapa tiña 5,37 metros de diámetro, máis do dobre deste que se utilizará en Madrid.

Neste acto inaugural intervirá o concelleiro de Turismo carballiñés, José Manuel Dacal, para promocionar a LV Festa do Pulpo e destacar o papel do Carballiño e das súas pulpeiras como unha referencia mundial na elaboración do “pulpo á feira”. O salón Pulpo Pasión Madrid celebra a súa segunda edición.

Te puede interesar