A Mancomunidad invita ao seu II Encontro das Familias

A iniciativa será gratuíta e desenvolverase na praia fluvial do Irixo dende as 17,00 ás 21,00 horas,

O Programa de Educación Familiar da Mancomunidade de Concellos do Carballiño ten como traballo base a intervención con familias con diversas problemáticas, contando actualmente con máis de 30 núcleos, ós cales se lles presta o apoio e axudas pertinentes a través de entrevistas, visitas a domicilio e coordinación con outros axentes sociais e recursos da comunidade.

No 2019, dentro deste mesmo programa, desenvolveuse o I Encontro de Familias, no Concello de Piñor, sendo unha experiencia moi positiva. Debido á pandemia non se puido levar a cabo a segunda edición no ano 2020, pero agora, a vista da evolución da situación e tendo en conta tódalas medidas sanitarias e a autorización da Dirección Xeral de Saúde Pública, o próximo 15 de maio (Día Internacional da Familia) terá lugar a segunda edición, esta vez no Concello do Irixo.

A iniciativa será gratuíta e desenvolverase na praia fluvial do Irixo dende as 17,00 ás 21,00 horas, ofrecendo diversas actividades como un obradoiro de creatividade en familia, no que haberá teatro, pintura, danza e contacontos; e o espazo de xogos "Paporrubio", cun circuito de xogos de madeira.

Tendo en conta as últimas medidas publicadas, non se poderá exceder de 50 participantes en exterior e 25 en interior, se fose necesario trasladar o encontro ó pavillón.

Te puede interesar