POLÍTICA LOCAL

Marco Reboredo seguirá “loitando pola unión entre BNG e En Marea"

uploaded_marco_result

Estivo respaldado na rolda de prensa polo militante do BNG Xosé Dobarro

O exconcelleiro, Marco Reboredo, abandona a Corporación do Carballiño, aínda que non deixa a política, xa que ten intención de seguir "loitando pola confluencia entre BNG e En Marea, que é necesaria para este país". Así o anunciaba onte en rolda de prensa, na que estivo respaldado por un militante do BNG, Xosé Dobarro, quen sinalaba que "non se fixo todo o que había que facer para manter a Reboredo no grupo do BNG-Mareas Abertas".

Marco Reboredo deixaba a militancia do BNG fai 9 meses e posteriormente esta formación expulsouno do grupo municipal, non admitindo que seguira como independente. Declarou que intentou achegarse ao BNG para voltar ao grupo municipal "pero vendo que esta circunstancia é case imposible e pola contra cada vez a situación está máis enquistada pois deixolle a acta xa que a miña intención nunca foi, nin é, nin será, aferrarme a ningún cargo".

O exconcelleiro tamén fixo un reconto do traballo desenrolado con iniciativas como promover o plan integral de intervención no Parque municipal, destapar a falta de pagos no IBI, recuperación das fontes, ou propostas de mellora do transporte, entre outras moitas.

Te puede interesar