En Marea solicita auditar á empresa que gestiona o parque de Las

A directora xeral de Patrimonio, Mari Carmen Martínez afirmou que as críticas de En Marea "carecen de rigor"

A deputada de En Marea, Ánxeles Cuña, cuestionou na Comisión de Cultura do Parlamento galego a privatización e concesión da xestión do Parque Arqueolóxico de San Cibrao de Lás a "unha empresa dirixida por cargos pertencentes ao Partido Popular". 

En Marea reclama unha auditoría pública á empresa, "pois hai dúbidas sobre o proceso de adxudicación pero tamén da súa xestión en todo este tempo, con incumprimentos no número de persoas contratadas diferente ao presentado en proxecto e falta mantemento das instalacións", sinala entre outros.

Pola contra, a directora xeral de Patrimonio, Mari Carmen Martínez, dixo que a adxudicación da xestión do Parque cumpre a lexislación vixente, e afirmou que as críticas de En Marea "carecen de rigor". 

Te puede interesar