FOTONOTICIA

Unha marquesina sen tapar na Uceira

Marquesina_result

A marquesina instalada polo Concello do Carballiño na avenida de Compostela, na contorna do barrio da Uceira, foi obxecto dalgún acto vandálico no que lle romperon un cadro do acristalado posterior. Os veciños da zona xa solicitaron das autoridades municipais o arranxo dos desperfectos nesta caseta, xa que é moi utilizada polos escolares que acuden ó colexio público alí ubicado para esperar o autobús, e que deben soportar o aire frío que entra polo buraco aberto. n

Te puede interesar