ENTROIDO

Maside acaparou os mellores premios das comparsas

O xurado do premio especial acordou dar o premio á mellor comparsa, dotado con 300 euros, igualmente á Asociación Santa Águeda de Maside

O xurado do Concurso de Comparsas do Gran Desfile de Entroido 2019, que se celebrou o pasado domingo coincidindo coa Festa da Cachucha, organizado polo Concello do Carballiño, otorgou o primeiro premio á Asociación Santa Águeda de Maside, dotado de 1.300 euros; o segundo de 1.000 euros á Asociación Os Arrieiriños de Dacón; terceiro, de 800 euros, á Asociación Entroula; o cuarto de 400 euros á Fantasía Mundo Fénix de Partovia; quinto de 350 euros á Asociación Lumareda; o sexto premio de 300 euros á Asociación Cultural Castro de San Amaro; o séptimo, de 250 euros, á Air polo Aaire de Aspadisi, e o octavo de 200 euros á Chegaron os que faltaban.

Tamén se entregaron accésits de 120 euros a cada unha das comparsas: Asociación Cultural e carnavalesca Os nevadiños; Os silleiros rubeiros de Maside; Os picapezas de Cea. Cea Grease; Os invencibles Charlestón e a Dios nos pille confesados.

O xurado estivo formado por: Diego Fernández, Marina Ortega, Lidya Giselle, Sofía García, Bernardino García, Adolfo Otero, Noelia Mares e Samuel González.

O xurado do premio especial composto por un representante de cada comparsa acordou dar o premio á mellor comparsa, dotado con 300 euros, igualmente á Asociación Santa Águeda de Maside.

Te puede interesar