Maside chama a voluntarios para formar a futura Protección Civil

 O Concello de Maside impulsa a creación dunha agrupación de Protección Civil e por ese motivo fai un chamamento para que se apunten voluntarios. O alcalde, José Manuel Iglesias, afirma que nestes momentos xa dispoñen de aproximadamente 14 personas interesadas, entre as que se atopan o propio rexidor municipal e algún concellerio.

Así, o goberno local socialista levara ao próximo pleno a proposta de creación do Grupo de Protección Civil de Maside e con ese obxectivo anima aos veciños do municipio a dedicar "o seu tempo libre de forma solidaria e altruísta a prestar un servizo á sociedade e o concello".

As persoas que estén interesadas en formar parte da nova agrupación de voluntarios poden dirixirse ó alcalde (no teléfono 608 24 22 09) para anotarse ou presentar unha solicitude nas oficinas municipales. 

Posteriormente, técnicos da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior pasarán por Maside para explicar as vantaxes do voluntariado de Protección Civil así como os trámites que hai que levar a cabo para constituír a nova agrupación.

Os voluntarios poderán formarse en emerxencias mediante cursos homologados e gratuítos, xa sexa na Academia Galega de Seguridade Pública ou en Maside. O concello impulsa esta agrupación para cubrir a asistencia nas actividades que se desenvolven ó longo do ano.n

Te puede interesar