Maside oferta unha carreira e unha andaina solidarias

Un dos camiños nos que se desenvolverán as probas.
photo_camera Un dos camiños nos que se desenvolverán as probas.

O Concello de Maside organiza para o próximo domingo a súa tradicional Carreira e Andaina Solidarias, destinando a totalidade da recadación á Asociación Bicos de Papel, de apoio ás familias dos menores ingresados na Unidade de Oncoloxía Pediátrica do Hospital Alvaro Cunqueiro de Vigo e a pacientes pediátricos oncolóxicos da área sanitaria de Ourense.

“Queremos con elo poñer de manifesto o gran labor que estas asociacións levan a cabo, dando apoio ás familias nuns momentos tremendamente duros”, sinalan os responsables municipais. A carreira chega este ano a súa 15 edición, e a andaina á  14, tan só interrumpidas no 2020 pola pandemia.

A carreira consta de cinco categorías: Carritos para nenos de ata tres anos, que percorrerán a rúa principal; Pitufos, ata os 7 anos, unha distancia de 750 metros; Rapaces, 1.050 metros; Mozos ata 15 anos, percorrerán 3,5 quilómetros ata o Puzo do Lago e, finalmente, a Absoluta, a partir dos 16 anos, con 13,5 quilómetros de percorrido polas rúas de Maside, Puzo do Lago e camiños de terra ata a meta na Alameda.
Así mesmo, a andaina, cunha soa categoría, transcurrirá por camiños do municipio.

As inscricións (5 euros por persoa) estarán abertas ata o día 15, ás 24,00 horas, na web www.championchipnorte.com ou no teléfono 608 242 210.

Te puede interesar