melloras

Maside renova o seu alumeado en sete núcleos do municipio

O obxectivo é mellorar a intensidade luminosa e aforrar na factura por consumo eléctrico

O alcalde de Maside, José Manuel Iglesias, vén de promulgar un edicto no que anuncia a exposición pública do proxecto de instalación de novo alumeado en sete localidades do municipio. Concretamente, trátase das obras referentes a incorporación do sistema LED nas zonas do Mato, Bouzas de Garabás, As Quintás de Canedo, San Paio, O Bolo, A Carreira de Louredo e Garabás, e que suporán un investimento superior ós 128.400 euros.

O obxectivo que pretende conquerir o Concello de Maside con este proxecto é a mellora da intensidade lumínica e o aforro na factura por consumo eléctrico ó traverso da instalación de farolas tipo LED nas devanditos núcleos de poboación.

Te puede interesar