infraestruturas

Melloras en dúas estradas entre Padrenda e Maside

A inversión é de 771.000 euros para arranxar a OU-504 e a OU-801

Un total de 13 empresas veñen de presentar as súas ofertas na Consellería de Infraestruturas e Mobilidade para executar o contrato de mellora de firme nas estradas que conectan Ribadavia e Cea (OU-504) e Ribadavia con Ponte Barxas (OU-801). Este departamento autonómico parte dun orzamento de máis de 771.000 euros, e encargarase agora de seleccionar a oferta que resulte máis vetaxosa tanto no eido económico como coas melloras que propoñan as empresas que optan a realizar estos traballos.

Unha vez que se elixa a empresa que será a adxudicataria procederase á firma do contrato no que se contempla un prazo de execución duns catro meses, así como as actuacións necesarias para rehabilitar a capa de rodadura naqueles tramos das citadas estradas que presenten carencias, ao seu paso polos concellos de Padrenda, Beade, Leiro, Cenlle, O Carballiño e Maside.

Deste xeito, son un total de seis concellos os que se beneficiarán coa execución deste proxecto de mellora das calzadas e sinalización de ambas estradas, que en algúns tramos están bastante deterioradas polo que se fai necesario o seu arranxo como a mellor medida para evitar que haxa accidentes de circulación por este motivo.

Coa finalidade de mellorar a seguridade destas dúas vías executarase o fresado do firme existente e a súa reposición cunha mestura bituminosa en quente, ademais de repoñerse a sinalización horizontal e balizamento.

As obras previstas na OU-801 localízanse nas travesías urbanas dos núcleos da Agra, A Notaría e Ponte Barxas, pertencentes ao concello de Padrenda, que presentan un firme moi deteriorado polo que debe substituírse neste caso na súa totalidade.


Rede autonómica


O Goberno galego continúa a traballar no obxectivo prioritario de conservar a rede viaria autonómica en óptimas condicións coa fin de incrementar a seguridade viaria e proporcionar aos usuarios destas estradas unhas vías máis cómodas e seguras.


Obras en estradas de O Condado, Tui e tamén en Dodro


A Consellería de Infraestruturas tamén valorará as propostas de 12 empresas para executar obras no firme de oito estradas da comarca pontevedresa de O Condado-A Paradanta, así como en Tui, cunha inversión de 705.000 euros. E de outras seis para a construción dun itinerario peonil en Dodro (A Coruña).

Te puede interesar