URBANISMO

Moción do BNG para acabar co chabolismo no Carballiño

Os concelleiros nacionalistas trasladaron este problema a Valedora do Pobo, que ofreceu todo o seu apoio para atopar unha solución.

O grupo municipal do BNG no Carballiño presentou unha moción para o seu debate polo pleno da corporación, que ten como obxectivo a erradicación do chabolismo no Concello. Lembra o grupo nacionalista que xa amosou distintas iniciativas dirixidas á erradicación do poboado da Fontela, asentamento que está no termo municipal de Maside, pero que afecta moi notablemente a Carballiño.

Sinala o BNG que tamén no seu día se chegaron a adoptar acordor que parecían abordar este problema "con seriedade, máis a realidade manifesta que a situación persiste cada ano". Por isto, hai uns días os concelleiros nacionalistas trasladaron este problema a Valedora do Pobo, que ofreceu todo o seu apoio para atopar unha solución.

Agora, o grupo municipal nacionalista propón ao pleno tres medidas: que o Concello do Carballiño se dirixa á Consellería de Política Social para tentar  acabar co chavolismo na Fontela; que o Concello carballiñés se dirixa ao de Maside, para que aborde unha acción semellante ante Política Social, e traslador o acordo á Valedora do Pobo, pedíndolle o seu apoio e mediación.

Te puede interesar