politica

Unha moción reclama axudas ao concello de Carballiño para plantar árbores

O grupo da oposición pretende que o concello facilite aos interesados a posibilidade de facer a solicitude presencial ou telemática para pedir ditas subvencións

O grupo municipal Alternativa Veciñal do Carballiño solicita a través dunha moción que o concello conceda subvencións para repoblar os montes privados e en man común con frondosas, "como fonte de seguridade e riqueza para os veciños", sinala. Para elo pide que se abra un prazo para a solicitude de axudas e lle dea publicidade a través dos medios cos que conta a corporación.

Este grupo da oposición tamén pretende que o concello facilite aos interesados a posibilidade de facer dita solicitude ben presencial ben por medio telemático mediante formulario para pedir ditas subvencións.

Ademais, propón habilitar unha partida orzamentaria para a creación de esta liña de axudas, delimitada previo consenso dos grupos con representación municipal, a través de unha modificación de créditos e establecida en función das solicitudes recibidas e da superficie afectada. "En este punto terase en conta a clase de terreo a tratar á hora de definir o número e tipo de árbore que se poidan plantar", matiza na moción. 

Por outra banda, apunta que  a entrega de plantas para reforestar se configure a razón de unha árbore por cada 49 metros cadrados en superficie forestal e unha planta por cada 100 metros cadrados en fincas de uso agropecuario, de acordo ao recollido na Lei de Montes de Galiza e tamén que as áreas de Rural e Medio Ambiente organicen e faga charlas de sensibilización, co fin de informar a veciñanza e ás comunidades de montes.

Te puede interesar