teatro

A mostra teatral Amador comeza hoxe no Carballiño

<p></p>
photo_camera <p></p>

A mostra celebrarase durante as fins de semana ata o 4 de novembro

Esta tarde abre o telón a XI Mostra de Teatro Amador, que organiza o grupo Tiruleque Teatro, e que se desenvolverá os sábados e domingos entre o 7 de outubro e o 4 de novembro, no auditorio Manuel María do Carballiño. A primeira representación é do grupo Ditirambo Teatro Coruña (Oleiros), que porá en escena o drama "Anónima 18". O seu texto foi elaborado por Lola Roel, que tamén se encarga da dirección desta peza, e que conta cun elenco de cinco actores que farán disfrutar ó público neste primeiro prato da Mostra.

A representación será ás 19,00 horas, como todas as sesións que formarán este festival de teatro afeccionado, e terán un prezo de entrada de tres euros, "unha cifra que consideramos módica por ver bo teatro", en palabras da súa organización.

Por primeira vez, esta mostra de teatro instaura un Premio do Público que elexirá a mellor obra entre todas as que pasarán por este escenario e que terá unha dotación de 500 euros. Así mesmo, os integrantes de Tiruleque designarán a mellor obra, e que terá como premio acudir á duodécima edición do festival coma invitado especial.

O programa continuará o próximo 20 de outubro co grupo O Catre Teatro e obra"O medo meu"; e o día 21, con Gargallada Teatro e "O xogo de Versalles". A seguinte fin de semana, 27 e 28, serán as pezas "Un fiabre, unha rosca e un cancán" e "O inspector".

Te puede interesar