O Carballiño

Os mozos piden propostas para mellorar as comunicacións dende Carballiño

A Plataforma pola defensa do transporte público do Carballiño busca implicar a diferentes colectivos para traballar conxuntamente na mellora da rede de transporte

Despois da reunión mantida este pasado sábado nas instalacións do Casino do Carballiño na que participaron ao redor de 60 persoas e con ampla representación de diversos colectivos do tecido social e político da comarca, xa está en marcha a "Plataforma pola defensa do transporte público do Carballiño". Os seus portavoces, Jaime Godás da asociación estudiantil  Asesgal, e Ramiro Bello, da entidade xuvenil Xuca, sinalan que "dende este movemento cidadán, no que agardamos que co paso dos días haxa cada vez máis xente participando, imos traballar arduamente para conseguir o trato que esta bisbarra merece das diferentes administracións en materia de comunicacións".

Para elo van a recoller propostas dos cidadáns no correo electrónico [email protected] que servirán de eixe para redactar un plan de optimización do transporte.

Te puede interesar