As mulleres aprenden a elaborar xabóns naturais

n n n As asociacións das comarcas de Carballiño e Ribeiro, que forman parte de Femuro (Federación de Mulleres Rurais de Ourense), comezan nesta semana a desenvolver novas actividades que buscan como sempre dar estimulo, pulo e mellorar a situación da muller no rural. Como contido novidoso nesta tempada está previsto un taller de xabóns naturais e terapeuticos, por ser unha actividade das máis demandadas. Vai a permitir o coñecemento e beneficio da aromaterapia coa fabricación de xabóns de unha maneira natural, moi beneficiosos para a pel e os sentidos.
O taller será impartido por persoal da federación provincial e conta tamén con unha parte de aprendizaxe e utilidade da reciclaxe, no que se obterán xabóns líquidos para a lavadora, a partir do aceite usado, o cal redundará nunha mellora económica e para o medio ambiente.

Ademais dende Femuro se ofertan outros cursos como son os de pandeireta, canto e teatro, así como os de terapia musical, e que se están levando a cabo en algunhas asociacións da comarca do Carballiño como a Rubideira do Reino, A Revolta de Mesego, A Madanela, entre outras.

Te puede interesar