FORMACIÓN

As mulleres de Carballiño acceden ás novas tecnoloxías con un obradoiro

A actividade ten unha duración de oito horas, repartidas en catro sesións de dúas horas cada unha.

A Unión de Consumidores de Galicia (UCGAL), en colaboración coa Secretaría Xeral de Igualdade, formará a mulleres en novas tecnoloxías a través da actividade Escola para o apoderamento de mulleres do rural: comercio e banca electrónica. Este obradoiro de oito horas de duración levarase a cabo no Concello do Carballiño os días 18, 21, 25 e 28 de outubro; en horario de 16,30 a 18,30 horas na Aula CEMIT. 

A actividade ten unha duración de oito horas, repartidas en catro sesións de dúas horas cada unha. O número de prazas é limitado e as inscricións realizaranse chamando ao 981 56 64 11 (de 10,00 a 15,00 horas) ou enviando un correo electrónico a [email protected].

A Escola para o apoderamento de mulleres do rural: comercio e banca electrónica é unha aposta pola formación en novas tecnoloxías co fin de diminuír a fenda dixital, fomentar o apoderamento financeiro e a autonomía económica nun contexto no que o número de oficinas bancarias diminúe progresivamente e no que as transaccións de bens e servizos a través da rede están á orde do día.

Te puede interesar