As mulleres dos sindicatos falan da crise laboral no eido feminino

Tres mulleres, representantes de outros tantos sindicatos de traballadoras, protagonizarán hoxe no Carballiño unha mesa de debate encol do feminismo galego e o papel da muller ante a crise laboral.
O foro de debate está previsto para ás 20,00 horas no salón de plenos da Casa do Concello. Nel participarán Ana Barros, de Comisións Obreiras; Carmen Brea, de UGT, e Natividad López, da CIG, coa concelleira de Igualdade e Benestar Social, Áurea Francisco, como moderadora. O acto enmárcarse no programa adicado ó Día da Muller, que se conmemorou o pasado día 8.

Te puede interesar