A música sacra inaugura a Semana Santa no Carballiño

A Veracruz será un dos monumentos que se visitarán durante o roteiro.
photo_camera A Veracruz
No concerto actuarán a Coral Polifónica do Casino, o orfeón e o Coro de Cámara Música Viva

Coa lectura do pregón e un concerto de música sacra comeza hoxe no Templo da Veracruz a amplia programación relixiosa e cultural da Semana Santa no Concello do Carballiño, e que se prolongará ata o Domingo de Pascua.

A Coral Polifónica do Casino, que dirixe Jaime González Pichel; O Orfeón, con Christian Casas Hernández, e o Coro de Cámara Música Viva, que dirixe Miguel Sáez Sotelo, serán as agrupacións protagonistas do concerto de música sacra que terá lugar a partir das 20,00 horas.

O evento comezará ao remate da lectura do pregón e da misa, que se celebrarán ás 19,00 horas, e na que se contará coa colaboración da Coral Polifónica de Teis (Vigo).

Con estes actos ábrese a programación relixiosa de Semana Santa, que promove a Cofradía da Vera Cruz, e que proseguirá o luns, 27 de marzo, cunha conferencia sobre “La sábana Santa, testigo de la Resurrección”, que impartirá o Víctor Manuel Marugán Isabel, pediatra neonatólogo do Complexo Asistencial de Zamora. Será ás 20,30 horas, na Igrexa Parroquial de San Cibrao, onde se desenvolverá o ciclo de conferencias, que culminará o xoves, 30 de marzo, tamén ás 20,30 horas, o catedrático de Historia da Arte da Universidade de Santiago de Compostela, José Manuel García Iglesias, e que versará sobre “Los pasos de la Semana Santa de O Carballiño. Presente y futuro”.

Te puede interesar