Neira Vilas participará no acto de presentación do documental ‘Memorias dun neno labrego’

A terceira edición do festival ‘Orcellón fala e canta’ que organiza a Agrupación Cultural Avantar no Carballiño desenvolverase entre os días 2 e 17 do vindeiro mes da maio, coa colaboración de locales de hostelería da vila.
O programa do festival ‘Orcellón fala e canta’ extenderase no Carballiño entre os días 2 e 17 do vindeiro mes de maio baixo a promoción da Agrupación Cultural Avantar. Nesta terceira edición, os organizadores sinalan que ‘o denominador común é o emprego do noso idioma, o galego, reflectido nun amplo abana de actividades musicais, teatrais, audiovisuais e literarias, co obxectivo de amosar as novas tendencias culturais que se están a artellar no noso país’.

O proxecto básico desta iniciativa abrirase ás oito e media da tarde deste mesmo venres coa presentación do documental ‘Memorias dun neno labrego’, baseado na emblemática novela do escritor Xosé Neira Vilas, que acudirá ó Casino Cultural do Carballiño para participar neste acto, xnto con Ismael González, Xan Leira e Frutos Fernández. A pro gramación terá a súa continuidade na Casa da Cultura ó mediodía do sábado, cunha conferencia sobre a vida de Andrés García Varela, mentres ás 20,30 horas está prevista a proxección do guión elaborado por Ismael González para a rodaxe da película ‘Priscilián’.

Roteiro e recital

As actividades seguirán o domingo cunha homenaxe á orquesta ‘Os Tamara’, co seu pianista Enrique Paisal coma invitado. Os hosteleiros da vila cederán os seus locales o venres 9 de maio para a actuación dos compoñentes do grupo afecionado Tiruleque Teatro e do Cuarteto de Gaiteiros do Igaem, a partires das 22,30 horas. Contacontos e un obradoiro de malabares para nenos, e un concerto do conxunto musical A Banda Desarmada, centrarán a seguinte xornada do sábado día 10. O festival pecharase o Día das Letras Galegas cun roteiro adicado o poeta Manuel María e un recital de Carmen Rei e a súa banda.


Te puede interesar