Os nenos de Piñor gozarán dun verán cun completo programa de actividades

Calor. ÓSCAR PINAL
photo_camera Calor. ÓSCAR PINAL

O Concello de Piñor pon en marcha "Diververán" para conciliar a vida familiar e laboral durante as vacacións dos escolares

O Concello de Piñor traballa na posta en marcha do programa de actividades infantís do verán 2023: Piñor Concilia “Diververán”, unha alternativa para a conciliación da vida familiar e laboral (dentro do proxecto Plans Corresponsables), que consiste no desenvolvemento de actividades diarias para nenos de 4 a 13 anos, estando previsto que se leven a cabo desde o 26 de xuño ó 8 de setembro, de luns a venres, de 10,00 a 14,00 horas, no Centro Social, onde poderán desfrutar de talleres e xogos moi variados.

Dende o 26 de xuño ó 7 de xullo haberá actividades impartidas polo Programa de Educación Familiar, mentres que a partir do 10 de xullo dará comezo a programación de actividades de “Diververán”, con xogos deportivos, manualidades, talleres e xogos cooperativos, entre outros.

Haberá dispoñibles 25 prazas por quenda, para un total de 7 quendas. O mínimo a solicitar é unha quenda e o máximo serán 6, salvo nos casos nos que ambos proxenitores acrediten traballar e carecer de período vacacional durante o verán, que poderán solicitar as 7 quendas. 

As solicitudes de inscrición deberán ser presentadas por un dos proxenitores ou titor legal no rexistro do concello, xunto co resto de documentación, dende o 5 de xuño, ás 10,00 horas, e ata o 15 de xuño, ás 14,00 horas.

Os responsables deste programa sinalan que no caso de recibir máis de 25 solicitudes, elaborarase unha listaxe de espera por quenda. O procedemento réxese polas bases de adxudicación de prazas de admisión na actividade Piñor Concilia “Diververán”.

Te puede interesar