Os nenos de Piñor participan nun certame sobre igualdade

Trátase do certame de contos infantís "A igualdade non é ningún conto", dirixido a nenos de 9 a 17 anos

Con motivo do próximo 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia de Xénero, o Concello de Piñor presenta o proxecto "Piñor+Igualdade", financiado pola Secretaría Xeral da Igualdade e o Ministerio de Igualdade. Consiste no certame de contos infantís "A igualdade non é ningún conto" para nenos do Concello de 9 a 17 anos. Os interesados en participar deberán presentar unha obra en formato dixital ou en papel. 

As obras deben ser inéditas e non premiadas anteriormente e cada participante ten que presentar unha preferentemente en galego e sobre a temática da igualdade de xénero. Os dous contos que obteñan maior puntuación nas modalidades de infantil e xuvenil obterán como agasallo unha tablet de última xeración con teclado, que permita a teleformación no rural. Ambas obras serán  publicadas e farase un evento virtual cunha presentación dos gañadores.

Te puede interesar