O Carballiño

Os nenos serán os protagonistas no programa “Piñor concilia"

O Carballiño

Os nenos serán os protagonistas no programa “Piñor concilia"

Os Servizos Sociais de Piñor traballan na posta en marcha do programa de actividades infantís "Piñor concilia Diververán", destinado a fomentar a conciliación laboral e familiar. Desenvolverase desde o próximo 6 de xullo ó 4 de setembro, de luns a venres, de 10,00 a 13,00 horas, dirixido a nenos entre 4 e 13 anos de idade, que poderán desfrutar de talleres e xogos moi variados. A iniciativa terá lugar no centro social e como novidade por causa do covid-19  haberá unhas normas de obrigado cumprimento para familias e menores, así como un desenvolvemento das actividades marcado polo carácter preventivo e polo cumprimento das medidas sanitarias establecidas. Así mesmo, por ese motivo, este ano haberá prazas limitadas, o que permitirá o desenvolvemento do proxecto dun modo máis seguro.

O período de inscrición abrirase o próximo 25 de xuño, e rematará o 2 de xullo. Toda a documentación para o proceso será facilitada nos Servizos Sociais do Concello de Piñor.

"Como xa é habitual, desde o Concello de Piñor pretendemos contribuír á conciliación da vida familiar e laboral, ademais de ofrecer alternativas lúdico-educativas ós nenos, pois o verán é un momento ideal para desfrutar cos iguais e á vez aprender", sinalan os responsables municipais, que inclúen esta iniciativa no proxecto "Piñor concilia".

Te puede interesar