FORMACIÓN

Un novo obradoiro formará a parados de catro concellos, en Carballiño

20170823205756496_result
photo_camera Traballadores do anterior obradoiro de emprego, na rúa Carreira do Carballiño.

O proxecto para O Carballiño, Boborás, San Amaro e Maside ponse en marcha en setembro

Un total de 20 personas en situación de paro dos municipios do Carballiño, San Amaro, Maside e Boborás veránse beneficiadas pola  posta en marcha dun obradoiro de emprego no vindeiro mes de setembro, tra-la súa aprobación por parte da Xunta. Este será o segundo proxecto que compartan os catro concellos, logo do rematado o pasado mes de marzo e que tivo unha duración de seis meses.

O novo proxecto desenvolverase durante nove meses cun investimento global de 279.000 euros, e o proceso de selección dos aspirantes comezará o vindeiro 8 de setembro, según os baremos de puntuación que fixa o Servizo Galego de Colocación. A nivel de formación, os 20 desempregados (cinco por municipio) finalmente escollidos dividiránse en tres módulos de albanelería e un cuarto de asistencia sociosanitaria, quedando este último reservado para San Amaro e cunha orientación fundamental cara a tarefas de axuda no fogar e cuidado das persoas maiores.

As previsións de obras para O Carballiño contemplan a reforma e mellora das instalacións ubicadas nos baixos da Casa da Cultura da vila do Arenteiro, que na actualidade presentan un alto estado de deterioro. A construcción de beirarrúas na localidade da Almuzara centra os traballos en Boborás, mentres o Concello de Maside inclúe o acondicionamente das beirarrúas de Santa María, no núcleo de Dacón, e a consolidación de muros no colexio público da capitalidade.

O concelleiro de Promoción Económica do Carballiño, Adolfo Nogueira, amosou a súa satisfacción pola aprobación deste proxecto, "xa que vai permitir que persoas que levan moito tempo desempregadas poidan recibir unha formación tanto a nivel de ensino escolar como laboral para o seu futuro".

O anterior obradoiro compartido polos catro concellos concretouse en obras de infraestructura viaria, coa construcción de beirarrúas no casco urbán do Carballiño e entre as localidades de Cruceiro e As Neves, en San Amaro, en ata o Centro de Saúde de Dacón, en Maside. No caso de Boborás, os operarios pavimentaron con pedra o camiño ata o cemiterio de Pazos de Arenteiro. O investimento por parte da Xunta foi de 175.000 euros, e os traballos extendéronse entre setembro do pasado ano e o mes de marzo do actual. 

Te puede interesar