Un novo servizo acollerá aos nenos fóra do horario lectivo

10.38.30.10-archive-2012-09-15-mtp6596_resultado
photo_camera Instalacións da Uceira, do colexio público Calvo Sotelo.

O Concello do Carballiño creará para o próximo ano un programa lúdico educativo de atención a escolares fóra do horario lectivo. O obxectivo é ampliar aos demais centros educativos do Carballiño a axuda concedida este ano á Anpa Xornada Digna do CEIP Calvo Sotelo en compensación pola implantación da xornada única.

O Partido Popular calificou de "discriminación" a concesión de 5.000 euros únicamente ao colexio público, quedando sen axudas os centros concertados do Sagrado Corazón e Vila do Arenteiro, e pide que se rectifiquen as bases da concesión e se teñan en conta aos outros colexios. O alcalde, Francisco Fumega, sinalou que se lle otorgou a axuda coincidindo coa implantación da xornada única para que poidan desenvolverse actividades extraescolares a través da asociación de pais.

O obxectivo está en ampliar a todos os centros educativos a axuda que este ano só recibe o colexio público calvo sotelo

Ademais, o rexedor anuncia agora a posta en marcha deste novo servizo no próximo ano, para o que se aprobará un regulamento de organización e funcionamento, así como o orzamento correspondente. Con esta medida pretende proporcionar ás familias un recurso que facilite a conciliación entre vida laboral e familiar; e ofrecer aos menores unha alternativa de ocio educativo para os seus espazos de tempo libre, onde poidan gozar do tempo de forma socializadora, constructiva e san.

Ademais da función de conciliación da vida laboral e familiar, este servizo terá unha función claramente educativa e lúdica a través do xogo e doutras actividades de ocio. "Será un espazo onde se fortaleza o desenvolvemento das habilidades e capacidades persoais e aspectos de saúde, integrando a dimensión cognoscitiva, afectiva e social dos nenos ", sinalan os responsables municipais. Engaden que este servizo cumplirá unha función eminentemente social e educativa, proporcionando unha atención integral a través dun programa global que garanta o pleno desenvolvemento físico intelectual, afectivo e social dos rapaces.

Entre tanto, a empresa Yuca Animación foi a seleccionada para desenvolver no Calvo Sotelo un programa de actividades voluntario  para os escolares. Entre as 15,00 e as 17,00 horas teñen a opción de utilizar a biblioteca do colexio de forma gratuíta ou participar en actividades como cociña, robótica, ciencia divertida, patinaxe, talleres, zumba ou inglés lúdico, con precios que van desde os 13 euros ata os 20 de robótica que é o máis caro, e con dous ou tres euros menos para os socios da Anpa. Participan ao redor de 150 escolares dos aproximadamente 550 matriculados. Fóra deste horario tamén teñen concerto cunha gardería para o servizo concilia.

Te puede interesar