8-M

A obra “Bernarda" abre o programa da Igualdade

A IX Andaina "O Carballiño camiña cara á Igualdade" será o día 8

A Concellería de Igualdade do Carballiño comezará o próximo 7 de marzo a programación con motivo do Día Internacional das Mulleres coa representación no Auditorio Manuel María, ás 20,00 horas, da obra teatral "Bernarda", da compañía Malasombra. A IX Andaina "O Carballiño camiña cara á Igualdade" será o día 8 e as inscricións poden facerse ata o xoves.

Ao día seguinte, ás 12,00 horas, no salón de plenos, celebrarase un acto institucional presentado pola profesora e actriz, Clara Vázquez, ao que asistirán os centros educativos e asociacións. O 15 de marzo terá lugar a sesión de contacontos "Ernestina Otero: Semente de Igualdade, semente de Liberdade", e tamén se entregarán libros aos centros educativos.

Te puede interesar