Unha obra de intriga, no Festival de Teatro Galego

O director Tito Asorey e a responsable da organización do Festival do Teatro Galego (Fetega), Josi Lage, presentaron onte o espectáculo teatral 'O home almofada', que pon en escea hoxe ilMaquinario Teatro, ás 22,30 horas, no auditorio do Carballiño.
O director referiuse a unha compañía nova que ten vocación de continuidade, da que forman parte actores novos con formación na Escola Superior de Arte Dramático de Galicia e moi comprometidos coa realidade actual. 'O home almofada', dixo Tito Asorey que é un espectáculo trepidante no que se entremezcla o humor e o drama, porque 'non entendemos a traxedia sen humor negro'. A trama é de intriga policial e afirma o director que 'é unha obra de compromiso máximo para os actores'. Está interpretada por Melania Cruz, Fernando González, Fran Lareu e Laura Míguez.

Josi lage declaraba que 'o Fetega sempre terá un lugar para novos talentos e este ano tócalle a ilMaquinario Teatro'.

Ás 19,00 horas, na Praza Maior, Títeres Viravolta dirixe un obradoiro de marionetas.

Te puede interesar