O CARBALLIÑO

Un obradoiro acondiciona as rúas do centro urbán

uploaded_obradoiro
photo_camera Unha das rúas que está acondicionando o obradoiro de emprego.

O proxecto inclúe o empedrado do firme, ampliando a zona peonil

O Concello do Carballiño aproveita o novo obradoiro de emprego concedido pola Xunta de Galicia para acondicionar varias rúas perpendiculares á principal (Rosalía de Castro e Tomás María Mosquera), co fin de uniformizar a súa estética, ó mesmo tempo que se amplía a zona peonil no centro do casco urbano. Os alumnos do obradoiro de emprego CarBoSam 2015 finalizaron xa os primeiros traballos co empedrado e embelecemento da Rúa Cuesta, que une a Rúa Rosalía de Castro ca Praza da Mina, ampliando así o entorno peonil do centro da vila carballiñesa.

Ademais, nestes últimos días xa iniciaron unha intervención similar na Rúa José Cendón, situada entre Rosalía de Castro e a Alameda.

Neste novo obradoiro de emprego, o cuarto dos ultimos catro anos, participan un total de 20 alumnos, cun solo módulo de albanelería, ademais do director, os docentes e cadro administrativo, en total 26 traballadores contratados durante os seis meses que dura o obradoiro.

Novamente se comparte esta acción docente laboral cos concellos de Boborás e San Amaro, sendo a inversión no mesmo de 178.157 euros.

Xunto ó acondicionamento das rúas Cuesta e José Cendón, tamén realizará traballos de enmbelecemento e mellora da Praza dos Liborianos.

En canto ós outros dous concellos cos que se comparte este proxecto de formación, os alumnos están desenvolvendo diversas tarefas encamiñadas ó acondicionamento de locales sociais en ambos municipios. Así, en San Amaro traballan na rehabilitación e mellora da Casa do Médico, e en Boborás execútanse as obras de construción do edificio dun centro social na praza de Paradela de Moldes. O desenrolo do obradoiro será de seis meses, finalizando en xaneiro do 2016.

Te puede interesar