MELLORAS

O obradoiro de emprego repara as instalacións das piscinas

Este obradoiro de emprego comezou hai cinco meses, e neste tempo realizou diversas obras de humanización no casco urbano do Carballiño

O obradoiro de emprego do Carballiño procede nestes días ao acondicionamento dos vestiarios e zona de servizos e duchas das piscinas municipais. Será o último traballo práctico que leven a cabo os integrantes do obradoiro antes de que finalice o mesmo, no mes de marzo. 

A reforma inclúe traballos de albanelería e fontanería, fundamentalmente, de forma que sirva como clase práctica para os alumnos e que permita deixar acondicionados estes servizos das piscinas de cara ao próximo verán. Este obradoiro de emprego comezou hai cinco meses, e neste tempo realizou diversas obras de humanización no casco urbano do Carballiño, entre elas, a ampliación de beirarrúas. 

Te puede interesar