Igualdad

Obradoiros de igualdade nos cinco concellos mancomunados

A actriz Uxía González Morán realizará varios contacontos infantís do eido da igualdade

O Programa de Educación Familiar da Mancomunidade de Concellos de O Carballiño porá en marcha a partir do 9 de marzo unha serie de actividades destinadas a conmemorar o 8M "Día Internacional da Muller". "A igualdade de xénero debe ser traballada dende idades moi temperás e debe ser un tema transversal ó longo de toda a infancia. A maneira en que ofrezamos os xoguetes ós menores, os contos ós que teñan acceso, a maneira de dirixirnos ós nenos e nenas, todo é determinante no desenvolvemento persoal en igualdade de xénero", apuntan os técnicos do programa.

Co obxectivo de contribuír a esta tarefa que é a coeducación, dende o Programa de Educación Familiar da Mancomunidade de Concellos de O Carballiño levarase a cabo a actividade "Quen quere ser feminista?", na cal a actriz Uxía González Morán (Licenciada pola RESAD –Real Escuela Superior de Arte Dramático) realizará varios contacontos infantís do eido da igualdade, algo que se complementará cun concurso de preguntas da temática, facendo unha xornada dinámica, orixinal e divertida para os cativos.

O obradoiro terá lugar nos cinco concellos que forman a Mancomunidade de Carballiño. En Beariz, Boborás, Irixo e San Amaro será nos centros educativos en horario escolar, mentres que en Piñor desenvolverase no Centro Social (Albarona) co cal neste último a entrada será libre.

Te puede interesar