As obras do parque industrial de Cea comezarán en setembro para acoller a primeira empresa

Terreos de Fondo de Cea para o parque empresarial. (Foto: Martiño Pinal)
A construcción do parque empresarial de San Cristovo de Cea será unha realidade a partires do mes de setembro, segundo anunciou o alcalde do municipio, José Luis Valladares. Os técnicos da Consellería do Territorio están a elaborar o proxecto definitivo.
A instalación dunha industria adicada á fabricación de vivendas unifamiliares en madeira motivou ó Concello de San Cristovo de Cea a tentar axilizar os trámites para a creación dun parque empresarial no municipio o pasado mes de febreiro. ‘Na actualidade, os técnicos da Consellería do Territorio están a ultimar os trámites para avaliar o plan parcial dos terreos para o seu emprazamento’, sinala o alcalde, José Luis Valladares.

Así, el regidor adelantó que ‘no vindeiro mes de setembro xa poderán dar comezo os traballos de acondicionamento e delimitación de parcelas no comunal de Fondo de Cea’. A superficie global prevista é de 350.000 metros cadrados -35 hectáreas nos montes lindantes coa estrada N-525 (Ourense-Santiago), cuya titularidad corresponde a la junta de comuneros constituida provisionalmente el pasado año.

Enlaces

José Luis Valladares destaca que ‘a ubicación do parque é privilexiada, xa que se atopa xunto ó Eixo do Ribeiro, a uns cinco quilómetros do enlace deste coa autovía AG-53, en Ariz, e a outros 10 da futura autoestrada entre Ourense e Lugo, na localidade de A Barrela’. Por outra banda, pola N-525 hai unha distancia de seis quilómetros ata o segundo enlace da autovía de Dozón, na localidade de O Reino. O alcalde de Cea comenta que ‘ademais da empresa que se comprometeu a instalarse na área industrial, no Concello xa estamos a recibir outras solicitudes de información para a reserva de solo, tendo en conta as inmellorables comunicacións das que dispomos para calquera tipo de suministro e transporte de materiais’.

Un investimento de 18 millóns

A familia integrada por Julio Costas e os seus fillos Jacobo, Javier, Julio e José son os propietarios da empresa ‘Las Cinco Jotas’, radicada en Vigo na actualidade e que decidiu instalar unha factoría en San Cristovo de Cea, no centro dunha bisbarra ben dotada de recursos forestais. As previsións dos promotores apuntan a un investimento de 18 millóns de euros para a montaxe dunha nave de 150.000 metros cadrados, na que traballará un mínimo de 120 operarios.



Te puede interesar