TURISMO

A ocupación hoteleira en Carballiño achégase ao 80% nestas datas

<p></p>
photo_camera As visitas guiadas polo paseo do río Arenteiro forman parte da oferta do Concello.

A localidade dispón actualmente con ao redor de 400 camas e resalta pola súa oferta termal

A ocupación hoteleira do Carballiño achégase ao 80% nesta Semana Santa. Son varios os hoteis que alcanzan xa o 90%, e incluso o 100% no caso das pallozas do camping municipal, mentres que outros sobrepasan ampliamente o 70% de ocupación. "A oferta hoteleira, con ao redor de catrocentas camas, e a oferta termal, co novo balneario das Caldas de Partovia e o Gran Balneario, consolidan ao Carballiño como destino turístico durante esta Semana Santa", segundo senalan os responsables de Turismo.

Para prestar servizo aos visitantes, a Oficina Municipal de Turismo da Alameda permanecerá aberta desde hoxe e ata o domingo con fin de ofertar visitas guiadas gratuitas polo casco urbano, polo sendeiro do Arenteiro desde o Parque municipal aos muíños, e polo Camiño dos Arrieiros.

ACTIVIDADES

Ademais, as autoridades municipais anuncian que hoxe comezan as actividades de animación e de ocio, con circo na rúa, teatro, un parque infantil de xogos no pavillón de deportes e, por suposto, as procesións do Xoves Santo e Venres Santo, que congregan a numerosas persoas, así como a exposición A Paixón según Playmobil no templo da Veracruz, que suscita un gran interese.

Por outra banda, tamén se espera que a Feira de Pascua, o próximo sábado, 15 de abril, sexa unha das mellores no que vai de ano e atraiga a numerosos visitantes. A Banda da Escola de Gaitas do Carballiño animará as rúas durante toda esa mañá de mercado.

Xa pola tarde, tamén o próximo sábado, terá lugar no pavillón de deportes Paco Chao unha competición de king boxing na que participarán ao rredor dun cento de deportistas, mentres que no auditorio municipal desenvolverase o espectáculo musical “Tres Flamencos y mil versos”, de Manarte Produccións, entre outras actividades. 

Importante afluencia nas Caldas e Gran Balneario

A recente inauguración do Balneario Caldas de Partovia despertou un gran interese, como o demostran as visitas e os baños que xa se levan producido desde o pasado sábado, e que se intensificarán estes días festivos e durante a fin de semana. No Gran Balneario tamén se rexistra unha boa demanda, segundo apuntan as autoridades municipais. Por ese motivo, tanto na programación relixiosa da Cofradía de la Vera Cruz como na de ocio, organizada polas Concellerías de Turismo e Cultura, este ano incídese de forma especial na oferta termal, complementada con actividades lúdicas, espectáculos e gastronomía. O obxectivo que se persigue en ambos casos é o de converter a Semana Santa do Carballiño en referente turístico da Galicia do interior.n

Te puede interesar