A oferta lúdica de ’Xoga Nadal’ xunta a 300 rapaces do rural carballiñés

As instalacións do centro Xogaventura do Carballiño acollen por terceiro ano consecutivo o programa ’Xoga Nadal’, que conta co patrocinio da Deputación de Ourense. As actividades iniciáronse de xeito totalmente gratuito na derradeira semana do ano, entre os días 26 ó 28 de decembro e retomáronse o pasado mércores 2 de xaneiro ata a xornada de hoxe, venres.
’Está acudindo unha media de entre 45 e 50 nenos e nenas das parroquias do rural carballiñés e nun horario que abarca dende as 10 da mañá ata a unha do mediodía’, sinala José Luis Alves, coordenador da organización. O tamén responsable de Xogaventura apunta que ’os rapaces teñen entre 3 e 12 anos de idade e dispoñen dunha ampla oferta de xogos de iniciación ós deportes de aventrua, como son rocódromos, pontes tibetanas, pista americana ou subas de araña’.

Deste xeito, serán un total de 300 nenos carballiñeses os que participan neste programa lúdico, que hoxe se clausura en Xogaventura coa celebración dunha gran festa á que están invitados tódolos rapaces.

Te puede interesar