Oitenta persoas participan no Roteiro por Astureses

Astureses_result
photo_camera Participantes no Roteiro Cultural pola parroquia de Astureses.

O próximo 5 de novembro terá lugar un Roteiro Cultural en Brués

O Concello de Boborás prepara o próximo Roteiro Cultural, previsto para o próximo día 5 de novembro, a Coto Molín, en Brués, despois do éxito da última andaina na que participaron 80 persoas nun percorrido pola parroquia de Astureses, guiadas polo Centro de Estudios Chamoso Lamas e o Grupo Ecoloxista Outeiro. 

O inicio da visita foi na Capela da Saleta, contando co historiador Xosé Luís Sobrado e tamén co biólogo Diego Reboredo que falou sobre as especies de árbores alí existentes. Xaime Nogueira, explicou a toponimia do lugar e de todos os núcleos desta parroquia. Continuaron na monumental igrexa románica de San Xulián de Astureses, á que se referiu o historiador Severino Ferreiro como un dos mellores expoñentes do románico en toda a provincia de Ourense, rematando a visita na Fábrica do Papel de Fondo de Vila.

Te puede interesar