Orcellón Fala e Canta enche os locais de hostelería

O Festival Orcellón Fala e Canta, que organiza a Agrupación Cultural Avantar, está logrando un rotundo éxito coa implicación directa de locais da hostelería carballiñesa, onde se desenrolan diversas actividades, que deron comezo o pasado sete de maio. Teatro, concertos musicais, recitais poéticos, contacontos, cine e espectáculos para os cativos, son algunhas das ofertas dun amplo programa que rematará o cinco de xuño.
Para hoxe, as 20.30 horas, na Casa da Cultura, está prevista unha conferencia de Delfín Caseiro sobre a obra poética de Uxío Novoneira. O sábado será no Café Plaza, ás 20,00 horas, onde baixo o título de 'Fai Cultura con nós' os artistas locais poderán expresarse libremente. A xornada rematará ás 24 horas, no Mesón O Portalón, coa actuación do cantautor carballiñés, Roberto Sobrado.

O fin de semana continuará en domingo, coa actividade Cine Daquí e a proxección de 'Eu falo TV', que estará comentada por Pachi Baranda. O pase será as 20,00 horas, no local Sete Flores. Orcellón Fala e Cata retomarase o próximo venres co Roteiro Manuel María.

Te puede interesar