La Región

O CARBALLIÑO

O Orfeón prepara novo repertorio para o próximo verán

A agrupación actuará en próximos días en Ourense e Boborás, e en xullo viaxará a Vilanova de Arousa

O Orfeón prepara novo repertorio para o próximo verán

O Orfeón do Carballiño ultima os novos temas que incluirá no seu repertorio para os concertos e festivais nos que participará este próximo verán. Tras as actuacións da pasada Semana Santa no Carballiño, así como no San Wintila en Punxín, O Orfeón do Carballiño atópase ensaiando novos temas para ampliar o repertorio.

A agrupación actuará en próximos días nos Salesianos, en Ourense, e en Xuvencos de Boborás.

Ademais, no mes de xullo viaxará a Vilanova de Arousa, onde a coral carballiñesa foi invitada a participar nun certame de corais. E máis adiante irá a Castro Urdiales, en Cantabria, para actuar na Fiesta de la Emigración.

Por outra banda, segundo informa a directiva do Orfeón do Carballiño, o Festival de Habaneras deste 2019, está xa prácticamente ultimado, contando con rondallas e corais de gran prestixio, e a designación da persoa que será homenaxeada nesta nova edición. Este festival celebrarase como é habitual no próximo mes de agosto.