festas

A organización do San Cibrao da a coñecer o programa festivo

O grupo folk Treixadura, a orquestra-espectáculo Panorama, un concerto tributo a Héroes del Silencio, a banda de música de Vilatuxe e unha gran  sesión de fogo, son os reclamos principais dos festexos

As festas patronais do San Cibrao do Carballiño xa contan con cartel, libro-programa de man e un calendario de actividades que animarán as rúas da vila do 13 ao 19 de setembro. O grupo folk Treixadura, a orquestra-espectáculo Panorama, un concerto tributo a Héroes del Silencio, a banda de música de Vilatuxe e unha gran  sesión de fogo, son os reclamos principais dos festexos, que contarán con sete orquestras, tres charangas, dúas bandas e dous concertos, ademáis de actividades infantís. O libro de man xa está na rúa e estáse a distribuir entre os establecementos de hostelería e comerciais que colaboran con aportacións económicas ás festas, se ben calquera veciño ou visitante pode achegarse ata a oficina de Turismo, no segundo andar da Casa do Concello, e adquirilo por un prezo de 10 euros.

Esta publicación, ademais de conter o programa de actividades, inclúe, entre outros apartados, artigos sobre a historia e as propias festas do Carballiño e unha escolma de imaxes antigas dos catálogos elaborados pola asociación fotográfica O Potiños da vila. Nas xornadas centrais dos festexos, o 16 de setembro é día de feira, e actuarán as orquestras Compostela e Ritmo Noche, e terá lugar a sesión de fogo voador; e o 17, festividade do San Cibrao, haberá un concerto da banda de música local e actuacións das orquestras Panorama e Pontevedra.

Te puede interesar