carballiño

Organización e PSOE discuten sobre a asistencia na Batalla

batalla de boboras
photo_camera A representación seguida ao fondo polo público. (XESÚS FARIÑAS)

O grupo socialista afirma que foi un fracaso de público e supón un gasto excesivo, mentres que dende a organización critican que se mesture "o traballo da asociación coa política"

O grupo municipal do PSOE en Boborás afirma que a festa "1809 A Batalla" de Pazos de Arenteiro foi un fracaso de público e supón un gasto excesivo para o concello. Engade que o sábado houbo pouca xente e que o domingo "o único momento no que houbo algo de público foi ás 20,00 horas, cando se representou a Gran Batalla, pero había pouco máis de 200 persoas". Os socialistas consideran que o problema da falta de asistencia débese a que este "invento histórico non da para dous días de festa, como seguen empecinados en facernos crer desde o Concello de Boborás", e engaden que "esta fin de semana sáenos moi cara ós veciños de Boborás. Como se pode ver na relación de facturas, o ano pasado Patricia Torres gastou mais de 25.000 euros".

A alcaldesa, Patricia Torres, e a Asociación cultural 1809 A Batalla, que organizan a festa, calculan que nos dous días, e pese a tormenta do sábado que obrigou a suspender actos, pasaron por Pazos de Arenteiro 4.000 persoas. O presidente da identidad, José Iglesias, declaraba que "estamos moi molestos porque mezcla o traballo da asociación coa política. Pretende botar polo solo o traballo de máis de 100 voluntarios e o que di é unha falta de respecto a eles e a asociación", referíndose á portavoz socialista, Eva Pardo. Engade que "non vamos a consentir que intente arruinar esta festa que recrea un feito que aconteceu", e insiste en que é "unha falta de respecto a nivel persoal a todos nós". Nesa línea, non entende como fala de "fracaso" cando houbo máis xente co ano pasado e "saímos nas portadas de moitos xornais".

Te puede interesar