O orzamento do Entroido adícase a gasto social en Boborás

O Concello de Boborás non organizará este ano as tradicionais festas de Entroido e adicará a partida económica correspondente a gastos de asistencia social, tendo en conta a situación de crise económica que están a vivir os veciños do municipio, según anunciou o alcalde, Cipriano Caamaño. 'Eliximos a liña da austeridade á hora de priorizar as inversións e os plans que imos levar a cabo', apuntou o rexedor 'popular'.
Por iste motivo, o orzamento destinado a organizar o Entroido, que supoñía un gasto de 10.000 euros en subvencións e premios para comparsas e disfraces, destinarase a outros servizos de carácter básico. Entre eles, o punto de atención a infancia, as axudas ós novos nacementos, a asistencia a domicilio e o xantar sobre rodas, 'que entendemos que teñen prioridade ante un festexo que non deixa de ser un evento de carácter lúdico'.


APOIO

Caamaño considera que é moito máis importante tentar seguir axudando ós colectivos que máis o precisan, anciáns, nenos, nais e pais con escasos recursos, que promover un festexo popular. Por outra banda, o Concello manterá o seu apoio á celebración do Entroido 'como expresión da cultura popular', pero nestes intres de intranquilidade económica 'non pode asumir o custe que supón organizalo', matiza o alcalde.

Te puede interesar