O CARBALLIÑO

Outeiro cataloga 200 árbores centenarias e de interese local

Dibujo
photo_camera Membros do grupo Outeiro tomando datos da Carballa do Abade (Mouriz).

Os ecoloxistas pretenden que os concellos da comarca elaboren catálogos para a súa protección

O Grupo de Acción Ecoloxista Outeiro traballa no inventario das árbores e formacións senlleiras da comarca do Carballiño. Este proxecto, englobase no labor que o grupo naturalista realiza de forma continuada de investigación e defensa do patrimonio natural e cultural, e céntrase no estudo destas árbores e formacións arbóreas tan especiais. Son árbores que teñen características que os converten en exemplares sobranceiros, non só pola súa idade ou o seu tamaño senón tamén por outras características como poden ser a súa forma, rareza, localización, valor paisaxístico, a súa vinculación coa sociedade, a historia e a cultura, o valor simbólico, e, en todos os casos, xa estean localizados nun entorno urbano ou natural, contan cun elevado valor ambiental e ecolóxico.

O proxecto púxose en marcha por iniciativa do grupo e con medios propios no ano 2006, no que se catalogaron 120 exemplares entre o Carballiño e inicialmente tamén o Ribeiro. Este ano, unha década despois e centrándose só na comarca do Carballiño, realizouse unha actualización do inventario. O Concello do Carballiño con 51 exemplares, conta co maior número debido á riqueza do Parque municipal, no que destaca o eucalipto “ovata”, especie rara en Galicia, que ten 50 metros de altura, sendo o máis alto do concello . Seguen  Boborás con 34, San Cristovo de Cea con 33, Piñor 16, Maside e Irixo con 15, San Amaro 12, Punxín 3 e Beariz 1, estes dous últimos menos explorados. 

Segundo os datos do estudo, só nos últimos 10 anos, o 14% das árbores inventariadas na comarca do Carballiño en 2006 desapareceron, e o 24% empeoraron considerablemente ou están a piques de morrer. Por eso, ademais da concienciación para previr a súa desaparición, outro dos obxectivos do proxecto é o de aportar un punto de partida para a elaboración de catálogos de árbores de interese local por parte das administracións municipais que garantan a súa conservación. 

Te puede interesar