Pablo Nogueira, gañador do certame literario de Beariz

O xurado do Concurso Literario Beariz 2022, na xuntanza realizada coincidindo coa celebración das festas patronais da Santa María, decidiu emitir o seu fallo do certame, que está dotado coa cantidade de 1.000 euros. A criteiro do xurado, o primeiro premio foi para o relato “Síndrome de Stendhal”, do autor carballiñés Pablo Nogueira Campo, e que recibirá 500 euros.

Según a comisión seleccionadora, esta obra “lémbranos a novela picaresca na que o autor trata de xustificar os seus erros  mediante o relato, e iso vémolo na primeira liña do libro, na que xa di que naceu para ser rico”, en definitiva, un relato cargado de ironía no que o seu protagonista xustifica o seu comportamento por padecer o síndrome.

O segundo premio, de 300 euros, foi para “Lo que unen las aguas”, de Andrés de la Vega Rivas. Neste caso, o xurado destaca que “a historia, aínda que sinxela, está moi traballada nos detalles, enriquecendo con matices o relato a través da tipografía, a evolución da ortografía e o equilíbrio entre o que se conta e o que se intúe, entre a historia dos dous protagonistas, Vicente e Rosiña”. Un relato costumista da vida no rural hai case un século e coa epidemia da gripe de fondo.

Finalmente, o terceiro lugar ocupóuno Beatriz Pérez González co seu traballo “Sopas de burro canso”, dotado con 200 euros. O xurado suliña as “pingas de relato constumista, de evocación da infancia, da amizade, da comida e  dos trastornos de alimentación”.

Te puede interesar