O Padroado de Turismo dobra o seu orzamento no Carballiño

Os orzamentos xerais do Concello do Carballiño para iste ano contemplan unha mellora importante na partida destinada ó Padroado de Turismo Municipal, que prácticamente será dobrada con respecto a exercicios económicos anteriores. A previsión do equipo municipal de goberno é que a aportación ó Padroado (que se xestiona de xeito autónomo) supere os 60.000 euros, cando ata o momente era tan só de 36.000 euros.
O aumento da partida corresponde, na súa meirande parte, a inclusión dos ingresos derivados da 'Festa do Pulpo', uns 20.000 euros polas taxas de instalación de bares, postos ambulantes e pulpeiros no Parque municipal o segundo domingo de agosto. Ademais, tamén se reflexan os cánones pola explotación dos restaurantes 'O Pote', 'Muíño das Lousas' e 'A Maquía', que son de titularidade municipal. O Padroado de Turismo está presidido polo alcalde e ten representantes da Corporación e hosteleiros.

Te puede interesar